EM-FEMENINO
Fundación Amigos de Galicia desenvolve un programa de emprego femenino na provincia de A Coruña, que promove a equidade de oportunidades para persoas que, por razóns vinculadas o seu xénero, teñen maiores dificultades de acceso ó emprego.
Programa de recursos integrais para mulleres en situación de especial vulnerabilidade e/ou con singulares dificultades que residen na provincia de Pontevedra
Programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e/ou con singulares dificultades da provincia de Pontevedra ofertando unha serie de servizos, en función das súas necesidades:
Desenvólvense, tamén, accións vinculadas ao eido da prevención da violencia de xénero.
A Voz da Igualdade
Programa de sensibilización en materia de igualdade de xénero, prevención da violencia de xénero e a importacia da autoestima dirixido a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as, mulleres vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade e a mulleres rurais.
O obxectivo deste programa é promover a igualdade de xénero e a loita contra a violencia dende o apoderamento así como mellorar a autoestima e a autonomía persoal das persoas usuarias.
EM-PODÉRATE
Fundación Amigos de Galicia leva a cabo o Programa de Inserción Laboral EM-PODÉRATE dirixido ó colectivo de mulleres con baixa titulación de Galicia en situación de vulnerabilidade, ofrecendo asistencia xurídica gratuíta, atención social, psicolóxica e/ou laboral. Esta atención integral ten como obxectivo acadar a súa inserción, entendéndoa como un paso cara a súa independencia económica, mellorando así a súa estima persoal e social e por tanto a súa calidade de vida.