Fundación Amigos de Galicia leva a cabo o programa de sensibilización en materia de igualdade, violencia de xénero, autoestima e apoderamento das mulleres "A Voz da Igualdade".
Este programa consiste na realización de charlas dirixidas ás Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPAS) galegas así como ás mulleres en situación de vulnerabilidade, vulnerabilidade á violencia de xénero e mulleres rurais de diferentes municipios de Galicia.
O obxectivo deste programa é promover a igualdade de xénero e a loita contra a violencia dende o apoderamento así como mellorar a autoestima e a autonomía persoal das persoas usuarias. O programa pretende ser unha aposta pola inclusión das mulleres dende o apoderamento, o que lles permitirá incrementar a súa capacidade de configurar as súas propias vidas e o seu entorno, traballando dende a identidade e a autoestima, a autonomía persoal, mostrando outros exemplos de feminidade.
Este programa está sendo cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita conta a violencia de xénero.