Fundación Amigos de Galicia desenvolve un programa de emprego femenino, que promove a equidade de oportunidades para persoas que, por razóns vinculadas o seu xénero, teñen maiores dificultades de acceso ó emprego.
As mulleres, que se atopan con distintas trabas sociais á hora de acadar a súa inclusión laboral, xa non unicamente vinculadas as súas características persoais e/ou profesionais, senón tamén á brecha de xénero, á falla de corresponsabilidade nas tarefas do fogar e ás dificultades á hora de conciliación, precisan dun programa concreto que as sitúe nunha mellor posición con respecto a outros demandantes de emprego, de cara a acadar a súa inserción laboral nun mercado de traballo que non presenta as mesmas oportunidades para as mulleres que para os homes.
EM- FEMENINO
é un programa de fomento da empregabilidade das mulleres que a entidade desenvolve en cinco concellos da provincia de A Coruña
(Carballo, Coristanco, Fene, Rianxo e Santiago de Compostela) de cara a proporcionar ferramentas que melloren as opcións laborais das persoas usuarias mediante proxectos que abarcan a realización de itinerarios de inserción personalizada e a formación ocupacional, coa finalidade de acadar a inserción no mercado de traballo das persoas atendidas.
OBXECTIVO XERAL DO PROGRAMA
O obxectivo principal deste programa é conseguir a inserción laboral das usuarias como consecuencia directa da mellora da súa empregabilidade.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Mellora das habilidades sociais das usuarias do programa
- Mellora na busca activa de emprego que realizan as participantes
- Asesoramento na busca de emprego dende as novas tecnoloxías de acceso á información.
- Reforzo e apoio na preparación de entrevistas laborais
- Apoio na elaboración de CV e cartas de presentación.
- Reforzo en técnicas de elaboración de CV e cartas de presentación.
- Mellora da identidade dixital e reputación online.
- Empoderamento das participantes
- Mellora da formación das usuarias
- Mellora da empregabilidade das participantes
Este programa conta coa subvención da Deputación Provincial de A Coruña