Como traballamos?
• O programa lévase a cabo por parte de persoal de Fundación Amigos de Galicia (traballadoras sociais, educadora social, psicólga e abogado) en colaboración cos servizos sociais dos concellos e con grupos de voluntarios/as, supervisados/as polo persoal da entidade.
• As persoas beneficiarias do programa son derivadas polos servizos sociais municipais. Comézase cun primeiro grupo de 20 usuarios/as.
• Nas cidades, onde se concentran un gran número de persoas que viven soas que carecen de arraigo social, o programa lévase a cabo por barrios, creando redes de voluntariado e puntos de encontró en cada barrio para fomentar a sociabilización das pesosas maiores.
• As traballadoras sociais da entidade levan a cabo unha primeira entrevista personalizada con cada usuario/a para detectar e valorar as súas necesidades (acompañamento no fogar, acompañamento para citas médicas, acompañamento durante a hospitalización, axuda para a realización de trámites dixitais, aprender a usar o teléfono móbil e ordenador etc) e realizarán visitas periódicas nos domicilios das persoas usuarias en función das necesidades de cada usuario/a. Ao final de cada mes as traballadoras sociais de Fundación Amigos de Galicia remitirán un informe de cada usuario ao persoal dos servizos sociais correspondente.
• Os voluntarios/as realizan un acompañamento das persoas usuarias tanto no domicilio, como para asistir a citas médicas no centro de saúde ou o hospital. As persoas voluntarias non se dedican a facer tarefas domésticas ( comida, limpeza, compra).
• Todas as visitas que se realicen serán comunicadas con anterioridade por teléfono ás persoas usuarias.
• Realízanse talleres prácticos e sinxelos para ensinar ás persoas maiores que sexan autosuficientes e teñan interese en manexar as novas tecnoloxías a través do móbil e o ordenador.