Protección da Infancia

Cobertura de necesidades dixitais

Cubrimos as necesidades de subministro de liña de internet e material informático (ordenadores, táblets, etc.) durante todo o ano 2021 a menores de Galicia cando as súas familias se atopen en situación de risco de exclusión social, por carencia e/ou limitación de recursos económicos.

Atención psicolóxica á infancia

Temos a disposición da infancia o noso Gabinete Psicolóxico especializado.

Actuamos nas causas nas que se vulneran os dereitos da infancia

Nos últimos anos, Fundación Amigos de Galicia vense implicando cada vez máis coa protección da infancia e dando voz a casos que vulneran os seus dereitos.


Cobertura de necesidades escolares

Damos resposta ás necesidades de libros, material escolar, material sanitario (mascaras e xeles hidroalcohólicos) e outras necesidades (gafas graduadas, audífonos, sistemas de monitorización de glucosa, etc.); dos/as usuarios/as da entidade en idade de escolarización. 

O Futuro nas Túas Mans

Programa multidisciplinar impulsado por Fundación Amigos de Galicia que xorde co obxectivo de implicar á infancia e á xuventude no coidado do medio ambiente, repoboando zonas públicas con árbores autóctonos para recuperar a nosa natureza, así como con actividades de recollida de residuos e plásticos que degradan o noso entorno.

Sensibilización en Voluntariado

A Fundación Amigos de Galicia impulsa o proxecto SENSIBILIZACIÓN EN CENTROS ESCOLARES SOBRE A IMPORTANCIA DO VOLUNTARIADO co obxectivo de concienciar entre os/as participantes sobre a importancia de valores como a igualdade, o compromiso, o altruísmo, a responsabilidade cara ós vulnerables e o entorno natural, o valor da solidariedade, etc.  

Tratamentos para menores con dificultades no seu desenvolvemento

Fundación Amigos de Galicia realiza o pago de terapias e tratamentos a menores con dificultades no seu desenvolvemento. Estes tratamentos permítenlles garantir a súa saúde e mellorar a súa calidade de vida.

Comparte un Xoguete, Comparte Ilusión

A nosa finalidade é garantir que todos os nenos e nenas das familias en situación de risco e exclusión social atendidas pola entidade en toda Galicia poidan manter a ilusión destas datas tan especiais. 

610 475 357

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

Share by: