Sensibilización en voluntariado


A Fundación Amigos de Galicia impulsa o proxecto SENSIBILIZACIÓN EN CENTROS ESCOLARES/EMPRESAS E/OU ENTIDADES DE TODO GALICIA SOBRE A IMPORTANCIA DO VOLUNTARIADO co obxectivo de concienciar entre os/as participantes sobre a importancia de valores como a igualdade, o compromiso, o altruísmo, a responsabilidade cara ós vulnerables e o entorno natural, o valor da solidariedade, etc.  

Se traballas nun centro escolar/empresa/entidade e estas interesad@ en participar neste proxecto, podes poñerte en contacto con nós no teléfono 672 706 182 ou no correo electrónico comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org.

Este programa conta coa subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.
Share by: