A nosa misión é a atención ás persoas en situación ou risco de exclusión social, promovendo a súa inserción no mercado laboral.
Visión
Temos a visión dunha entidade social, consolidada e afincada en Galicia cuxo baluarte son as persoas en situación de risco de exclusión social, prestando especial atención á infancia, persoas maiores que viven solas e mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou violencia de xénero.