“O primeiro que sentes cando paso algo así é medo e inseguridade. Falei con outros amigos que tamén son homosexuais e volvemos a sentir o medo ao saír á rúa”. Sergio foi vítima de acoso por homofobia, feito que lle desencadeou nunha crise de ansiedade. “O meu compañeiro de piso chamábame “maricón” día tras día, e eu non podía aguantar esa situación”.
"A técnica dime sempre “ti podes” e para min é moi importante. As palabras de alento que me dá son fundamentais para que poida superalo, xa que eu soa non podía nin sabía como manexar esa situación."
"Hai moita xente que ten medo a pedir axuda, pero como aprendín ao longo das sesións, hai que ser valente e pedir axuda no momento que o necesitas. Algo que aprendín é que para estar ben coas persoas que che rodean tes que estar primeiro ben contigo mesmo, e isto é algo que traballei moito coa terapeuta da entidade. Estou moi agradecido polo servizo, e podo dicir que despois de buscar moito, por fin atopei a alguén que me axudou a sentirme ben comigo mesmo".
"En un momento determinado noté que algo no estaba bien en mi, por ello tomé la decisión de acudir a un psicólogo ya que sentía que me estaba volviendo loca; no todos tienen el valor de acudir a un experto cuando creen que ya no pueden más. Gracias a la Fundación Amigos de Galicia por darme la oportunidad de ser beneficiaria de la gran labor que realizan para ayudar a quienes lo necesita¨.
"Aunque llevo poco tiempo recibiendo estas terapia, puedo concluir que de no
ser por ustedes y Sara; el cambio que hoy experimento en mi mente y mi
conducta de 180° son resultado del cambio de enfoque que le he dado a mi
manera de pensar; distinguiendo y dando importancia a lo que verdaderamente
es importante"