Programas dirixidos a persoas carentes de recursos

Programas dirixidos a persoas carentes de recursos económicos 

Programa de Primeira Atención, inmediata, a persoas en situación de necesidade urxente.

Este programa financia a primeira atención, de carácter inmediato, coas persoas en situación de urxencia, cubrindo as súas necesidades básicas. 


 O Programa contempla: 


• Entrega de paquetes alimenticios. 

• Entrega de produtos de vestimenta e/ou calzado 

• Entrega de produtos de hixiene persoal. 

• Cobertura de outras necesidades básicas. 

• Outros apoios sociais que precisen. 

 

Plan de Cobertura de Necesidades Alimenticias ás familias en situación de carencia de recursos económicos con residencia nalgún concello de Galicia

Mediante o Plan de Cobertura de necesidades alimenticias ás familias en situación de carencia de recursos económicos con residencia nalgún concello  de Galicia, se garante a cobertura das necesidades alimenticias das persoas en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos,  garantindo as necesidades nutricionais dos menores.  



 

Plan de Cobertura de Outras Necesidades Básicas, non alimenticias a familias sen recursos

Mediante o Plan de Cobertura doutras necesidades básicas ás familias en situación de carencia de recursos económicos con residencia nalgún concello de Galicia, se garante a cobertura doutras necesidades básicas das persoas,  garantindo necesidades tales como a vestimenta e calzado, a hixiene e aseo persoal, o mobiliario e outros enseres do fogar, o material escolar axeitado para a volta ó cole, así como o pago de suministros básicos.

Share by: