Ponte_Coemprego ´19 é un proxecto levado a cabo por Fundación Amigos de Galicia na provincia de Pontevedra. Este proxecto está dirixido á integración laboral dos colectivos con maior dificultade de acceso ó emprego, principalmente persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas inmigrantes residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra.
OBXECTIVO PRINCIPAL
O fin deste programa é conseguir a integración laboral das persoas atendidas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Mellora da empregabilidade das persoas atendidas, a través dos itinerarios de inserción personalizados desenvoltos.
- Mellora da empregabilidade das persoas atendidas, a través da formación en habilidades sociais e técnicas de busca de emprego.
- Mellora da empregabilidade das persoas atendidas, a través do uso de TICs na busca activa de emprego, proporcionándolle ós usuarios/as autonomía propia na procura de emprego.
- Motivación cara a busca de emprego por conta allea.
- Fomento do emprendemento e/ou autoemprego, en casos nos que sevalore positivamente a viabilidade de proxectos de emprendemento de usuarios/as.
- Intermediación laboral para acadar o acceso ó mercado de traballo.
Este programa contou con financiación da Deputación de Pontevedra.