Dixitalízate con Nós


Fundación Amigos de Galicia contempla este programa co obxectivo de impulsar a transformación dixital entre os colectivos máis vulnerables e axudalos a navegar por esta nova realidade.


Este programa conta co apoio da Xunta de Galicia dentro das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Obxectivo Xeral


O obxectivo xeral do programa “Dixitalízate con Nós” é o de cubrir as necesidades de subministro de liña de internet e material informático (ordenadores, táblets, etc.) durante todo o ano 2021 a menores de Galicia cando as súas familias se atopen en situación de risco de exclusión social, por carencia e/ou limitación de recursos económicos.


  • Cobertura de Fibra/ADSL - Menores de 6 a 18 anos.
  • Entrega de ordenadores e material informático - Menores 13 a 18 anos.
  • Entrega de tablets - Menores de 6 a 12 anos.


Solicite axuda

Share by: