TAPÓNS VALERIA

Valeria

 OBXECTIVO CONSEGUIDO!!
A historia de Valeria 
  • Valeria é unha nena de 7 anos de Verín que padece retraso global no desenvolvemento.
  • Fundación Amigos de Galicia e o Concello inician unha campaña de tapóns solidarios para cubrir o tratamento da pequena.
  • Esta campaña está enmarcada dentro do convenio de colaboración firmado o pasado mes de novembro entre o Concello de Verín e a Fundación Amigos de Galicia para axudar ás familias do municipio en situación de necesidade.
  • O tratamento consta de sesións de terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia.
  • A financiación do tratamento conta coa colaboración do Concello de Verín, que aporta un 30% do coste total do tratamento durante un ano.
 
Son moitos/as os/as nenos e nenas galegas que con distintas problemáticas desde o seu nacemento ou no seu desenvolvemento necesitan unha atención diaria para mellorar a súa saúde e poder desenvolverse no seu entorno.
 
Esta é a historia de Reda, Matías, Álex, Iria, Alistair, Belén e Nahir, sete nenos galegos que necesitan tratamentos con costes moi elevados e que as súas familias non poden sufragar. Estes nenos poidieron someterse ao tratamiento polo apoioo da Fundación Amigos de Galicia a través das campañas de recollida de tapóns.
 
 
Trátase dunha campaña que irá dirixida a Valeria, unha nena de sete anos que padece retraso global no desenvolvemento, hipotonía muscular, manifestacións distónicas leves, ataxia e apraxia oculomotoras.
 
Esta campaña enmárcase dentro do convenio de colaboración firmado entre o Concello de Verín e a Fundación Amigos de Galicia para axudar ás familias do municipio en situación de necesidade, dando atención prioritaria á infancia e ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
 
Valeria naceu fai sete anos mediante cesárea programada xunto ao su mellizo Hugo. A pequena sufriu dificultades de respiración no nacemento, pero non foi ata os primeiros meses de vida cando comezaron a facerlle probas médicas. Os seus pais percatábanse de que a evolución da pequena era máis lenta que a do seu irmán, pero a diagnose da pequena, despois de moitas probas en diferentes centros de España, aínda é descoñecida.  

Valeria ten dificultades na mobilidade e na linguaxe, e o xuizo clínico recoñécelle unha discapacidade do 70%. Actualmente a Seguridad Social non lle cubre ningún tratamento para que poida mellorar a súa calidade de vida, e por ese motivo, a Fundación Amigos de Galicia comeza esta campaña con ela. Coa campaña, a pequena poderá recibir sesións de terapia ocupacional, fisioterapia e  logopedia en Ourense durante un ano cun coste que ascende a unha cantidade de 890€ mensuais, unha cifra imposible de asumir para a súa familia.
 
Para elo, a Fundación Amigos de Galicia contou coa colaboración do Concello de Verín para financiar o custe total, que ascendeu a unha cantidade de 10.680€. O Concello fíxose cargo do 30% do custe total do tratamento: 3.204€, facéndose cargo a Fundación do 70% restante a través da campaña de tapóns.
 
Para facerse cargo do custe dun ano, foron necesarios 41.533 kg de tapóns, pero recentemente finalizada a campaña de tapóns organizada por Fundación Amigos de Galicia para Nahir (unha nena de Pontevedra con tetraparesia discinética e parálise cerebral infantil), a entidade xa dispoñía de 14.400 kg para esta nova campaña, necesitando polo tanto 27.133 kg a maiores. Esta cantidade se traduce en 19 millóns de tapóns.
 
Share by: