Sobre a campaña Fundación Amigos de Galicia emprendeu en colaboración con Amencer-Aspace unha campaña de recollida de tapóns solidarios para proveer ao centro dun PROGRAMA SPIDERSUIT, de cara a poder proporcionar aos menores do centro de Amencer-Aspace e aos nenos e nenas derivados/as por Fundación Amigos de Galicia dun programa personalizado de fortalecemento intensivo e personalizado para menores con trastornos neuromotores.
De este xeito, coa adquisición deste programa por parte de Fundación Amigos de Galicia a través dunha campaña de tapóns solidarios, Amencer-Aspace atenderá as demandas dos menores derivados por Fundación Amigos de Galicia que precisen deste tratamento, previa valoración do persoal técnico da entidade, sen ningún custo para os/as usuarios/as nin para a entidade.
Por que de Superheroes?
O traxe Spidersuit basease nun dos primeiros modelos de traxe espacial cuxa función era combatir a perda do tono muscular de astronautas en gravidade cero.
Ambas entidades decidimos poñer nome á campaña de "Traxes de Superheroes" dada a similiutude do Spidersuit con traxes que lembran aos dos superheroes. Trátase dun tratamento que inclúe movementos que suspenden aos nenos e nenas no aire, xerando a sensación de que cos seus traxes de superheroes poden voar.
Con estos traxes de Superheroes os/as nenos/as serán máis fortes.
O Programa Spidersuit está previsto de cinco traxes distintos - con cinco tallas para garantir o acceso a todos os menores- poleas e o sistema de Unidade de Exercicios Universal; e ten un custo de 12.537,67€, que foron costeados por Fundación Amigos de Galicia mediante campaña de recollida de tapóns de plástico.
Para iso foi preciso recadar a cantidade de 47.782.453 unidades de tapóns de plástico.
Trátase da campaña máis custosa que levou a cabo Fundación Amigos de Galicia ata o momento.
En que consiste o programa Spidersuit
O Spidersuit é un traxe ortopédico que permite a estimulación de multisensorialidade de pacientes afectados pola parálise cerebral, trastornos neuromotres, etc. Empregado para a rehabilitación, esta órtesis brinda soporte, corrección, e estímulo para que o sistema nervioso e muscular do paciente desenvólvase dependendo das necesidades individuais de cada caso.
Isto é posible polo soporte flexible que brinda o traxe, permitindo a produción do "error" para que o organismo ao atopar resistencia externa corrixa os movementos patolóxicos, mellore a postura e logre o desprazamento do centro de gravidade ata os talóns - permitindo que en a penas semanas, os pacientes tratados con Spidersuit poidan alcanzar metas que antes podían parecer imposibles.
Trátase dun método de Neurorehabilitación Intensiva Especializada, que está sendo empregado para asistir a pacientes con diferentes patoloxías como: parálise cerebral infantil, retrasos no desenvolvemento, lesións cerebrais, ataxia, etc. O dispositivo brinda unha estabilización externa ao tronco e asiste na realización de exercicios personalizados, cuxos elementos poden ser empregados por separado para atender zonas específicas que recibirán maior soporte e estabilidade durante a sesión.
Beneficios do Programa Spidersuit
- Estabilización externa do tronco
- Normalización do tono muscular
- Aprendizaxe e mellora da marcha
- Corrección da posición do corpo
- Efecto positivo no sistema vestibular
- Estimulación sensorial e motora
- Apoio aos músculos débiles
- Redución dos reflexos patolóxicos
- Corrección neuromuscular dinámica
- Mellor equilibrio e coordinación motora
- Aumento da calcificación ósea
- Desenvolvemento de habilidades motrices
- Mellora da propiocepción
- Estimulación do cerebro
- Mellora na fluidez da fala
- Carga de forzas similares ás forzas de gravidade sobre o corpo
- Redución dos movementos incontrolados
- Aumento da forza muscular e a resistencia
Para Fundación Amigos de Galicia e para Amencer-Aspace é imprescindible que a cidadanía coñeza que todo o diñeiro recadado coa campaña de tapóns foi destinado directamente ao provedor onde se mercou o Programa Spidersuit.