TAPÓNS NOA

Noa

OBXECTIVO CONSEGUIDO!

Noa Gago Alonso é unha nena de dous anos de Verín. Despois de moitas probas hospitalarias, aos 17 meses de vida detéctanlle diabetes infantil tipo I.
 
Dada a súa corta idade, o Servizo de Pediatría do Hospital de Ourense recomendoulle o uso do Sistema de Monitorización de Glucosa. “Ao ser tan pequeniña, hai que estar pendente de ela día e noite, xa que que ela aínda non sabe dicirnos que lle está pasando”. En setembro de 2019 a pequena comezaba o colexio, e a familia aseguraba que con este sistema mellorararía tanto a calidade de vida da pequena, como a tranquilidade da familia.
 
O transmisor e os sensores teñen unha durabilidade dun ano, e xunto co receptor, teñen un custo de 3.197 euros; que en tapóns equivale a 12.184.200 unidades.
 
A Fundación Amigos de Galicia fíxose cargo do Sistema de Monitorización Continua de Glucosa “Dexcom” a través dunha exitosa campaña de recollida de tapóns de plástico, ao tratarse dunha tecnoloxía non financiada pola Seguridade Social e cuxo importe la familia non pode asumir. 
 
En colaboración con Anedia
 
A campaña de tapóns de plástico para Noa foi organizada pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración con Anedia (Asociación de nenas, nenos e xente nova con Diabetes de Galicia). Ambas entidades firmaron un acordo de colaboración polo que Fundación Amigos de Galicia provee á entidade Anedia Galicia de 5.000€ xestionados por Fundación Amigos de Galicia para o pago directo aos proveedores, de cara a poder proporcionar aos menores aqueles aparatos de monitorización continua que lles sexan precisos en función das súas necesidades concretas.

A campaña de Noa foi o primeiro caso que se atendeu enmarcado dentro deste convenio de colaboración.
 
 
Que é un monitor de glucosa continuo "Dexcom"?
 
Un sistema MCG é un dispositivo usado para medir os niveis de glucosa en tempo real tanto de día como de noite.
 
Consiste nun sensor subcutáneo de glucosa do tamaño dun cabelo groso, un transmisor e un dispositivo receptor que mostra as medicións de glucosa cada cinco minutos, coa vantaxe de que o dispositivo receptor pode ser un teléfono móbil compatible que permita reenviar o datos a compartir por persoas no ámbito familiar. Isto significa que a nai da nena terá un control actualizado da glucosa de Noa, e activarase unha alarma cada vez que se active para actuar canto antes.
 
Este sistema permitirá que a nai estea máis tranquila, especialmente durante a noite, e o sistema o aloxará no móbil sempre que teña perigo de hipoglucemia. Ademais, evitarase os numerosos pinchazos das tiras habituais para medir a glucosa, xa que é un sistema que funciona con sensores.
 
 
Tipos de uso e vantaxes

- Evita a hipoglicemia, especialmente nocturna ou por actividade física, coa programación de alarmas asociadas a baixos niveis de glucosa e / ou baixas tendencias baixas.
- Control mellorado da hemoglobina glicada.
- Identificar patróns altos ou baixos de glucosa e consultar as súas posibles causas.
- Monitoriza de forma remota os niveis de glucosa dun paciente
Share by: