TAPÓNS EDGAR

Edgar

A historia de Edgar
 
Edgar Vázquez é un bebé de seis meses de Ourense que padece Hipoacusia Conxénita Bilateral Moderada Severa asociada a unha malformación coclear, o que non lle permite oir ben. O pequeno precisa duns audífonos para mellorar a súa calidade auditiva, pero a Seguridade Social non cubre a totalidade do custo, tendo que asumir os seus pais o custo dos mesmos. 
 
Tendo en conta o custo alto que tería que asumir a familia, a unidade familiar non pode facerse cargo.
 
Ante esta situación, Fundación Amigos de Galicia, emprendeu unha campaña de recollida de tapóns solidarios para mercar os audífonos para Edgar, que supoñeron un total de 8.250,62 kilos. 
 
Transparencia
Para Fundación Amigos de Galicia é imprescindible que a cidadanía coñeza que todos os cartos recadados coa campaña de tapóns foron destinados directamente ao centro auditivo onde se mercaron os audífonos.
 
 
**ACLARACIÓN SOBRE A CAMPAÑA DE EDGAR**
 
A pesar de que o SERGAS ten convenio de colaboración con ÓPTICA que cubriría o 100% dos audífonos dos bebés e nenos/as con hipoacusia, a familia de Edgar optou por mercar os audífonos nun centro que non ten convenio - facéndose neste caso o SERGAS dunha parte- . A parte non subvencionada pola Seguridade Social é a que Fundación Amigos de Galicia costeará a través da campaña de tapóns.
 
O motivo da familia para a elección do centro auditivo onde mercar os tapóns débese a unha cuestión de confianza. O irmán maior de Edgar tivo tamén un problema auditivo similiar ao do pequeno, sendo o centro onde agora se mercarán os audífonos o centro de confianza da familia.
 
Por ese motivo, e a pesar de que existen outros centros que teñen convenio co SERGAS para subvencionar o 100% dos audífonos, a familia preferiu optar por un centro no que teñen unha experiencia positiva e confianza plena, sobre todo ao tratarse dun bebé de seis meses. 
Share by: