TAPÓNS ALISTAIR

Alistair

 OBXECTIVO CONSEGUIDO!!
11 millóns de tapóns para Alistair
Alistair é un neno de 14 de anos de Taboadela. O pequeno sufriu unha lesión antes de nacer por causas descoñecidas, e dende que viu ao mundo estivo loitando contra ela. Acudiu a sesións de rehabilitación mediante Atención Temprana ata os seis anos, pero a partir de ahí a Seguridade Social xa non lle cubre as sesións de terapia ocupacional e fisioterapia que precisa. 
 
 
Alistair ten dificultades de mobilidade e é portador de sonda. En 2016, operaron ao pequeno da cadeira, xa que sofre escolioses, motivo polo cal as sesión de fisioterapia fánselle cada vez máis necesarias.
 
A Seguridade Social non lle cubre nin a fisioterapia, nin as sesións de terapia ocupacional, e por ese motivo, a Fundación Amigos de Galicia leva a cabo esta campaña. 
 
 
Grazas á campaña, que cubre seis meses de tratamentos, o pequeno esta recibindo sesións dos tratamentos en Ourense.
 
O custo total dos tratamentos ascende á cantidade de 4.275€, para os que eran necesarios 15.833 kg de tapóns (11 millóns de tapóns en unidades).
 
En dous meses A CIDADANÍA GALEGA conseguiu cubrir o prezo dos tratamentos do pequeno a través dos tapóns solidarios. 
Share by: