TAPÓNS ALEXIA

Alexia

OBXECTIVO CONSEGUIDO!
 
SESIÓNS DE EQUINOTERAPIA PARA ALEXIA
Alexia Guadalupe López naceu o 23 de xullo de 2017.
 
Tras un embarazo de alto risco, Alexia López naceu o 23 de xullo de 2017 tras un parto sen complicacións. Non serán ata cinco meses de vida cando comezan a detectar que a nena non se desenvolve con normalidade. Despois de moitas probas médicas, a pequena é diagnosticada de parálise cerebral infantil bilateral tipo espástica; para o que precisa varias terapias médicas para poder mellorar a súa calidade de vida.
 
Dado que a familia non pode asumir as terapias que necesita, feito constatado tras un informe social elaborado pola entidade, a Fundación Amigos de Galicia fíxose cargo das sesións de equinoterapia para a nena. Para pagar este tratamento durante seis meses, foi necesario recoller 4.247 quilos de tapóns.
 
 
Beneficios da equinoterapia
 
Coas sesións de equinoterapia preténdese que Alexia poida:
- Mellorar as habilidades psicomotrices
- Estimular os sentidos
- Mellorar o equilibrio
- Corrixir problemas posturais
- Fortalecer o tren inferior
Share by: