TRAXES DE SUPERHEROES

TRAXES DE SUPERHEROES


Superheroe I - "Batman"

Grazas a este tratamento #Batman puido mellorar:
 
Estabilidade a nivel cefálico
✅ Conseguir disociación a nivel pélvico
✅ Mellorar o equilibrio a nivel de tronco 
✅ Evitar acortamentos en membros inferiores
✅ Potenciar a musculatura a nivel global e mellorar a súa capacidade de bipedestación e marcha independente. 

E o máis importante de todo, ter a vida máis normalizada posible.

Superheroe II - "Superman"

Grazas a este tratamento, Álex, alias Superman, puido mellorar:
 
➡️ Mellorar a elasticidade muscular
➡️ Maior control cefálico
➡️ Reaccións de apoio de membros superiores 
➡️ Movementos máis controlados 

Superheroina III- ElasticGirl

Grazas a este tratamento, Carla, alias ElasticGirl, puido mellorar:
 
➡️  Mellorar a marcha
➡️ Mellorar o ton muscular
➡️ Diminuir temblore 
➡️ Gañar Seguridade


Sobre a campaña
Fundación Amigos de Galicia emprendeu en colaboración con Amencer-Aspace unha campaña de recollida de tapóns solidarios para proveer ao centro dun PROGRAMA SPIDERSUIT, de cara a poder proporcionar aos menores do centro de Amencer-Aspace e aos nenos e nenas derivados/as por Fundación Amigos de Galicia dun programa personalizado de fortalecemento intensivo e personalizado para menores con trastornos neuromotores. 
 
De este xeito, coa adquisición deste programa por parte de Fundación Amigos de Galicia a través dunha campaña de tapóns solidarios, Amencer-Aspace atenderá as demandas dos menores derivados por Fundación Amigos de Galicia que precisen deste tratamento, previa valoración do persoal técnico da entidade, sen ningún custo para os/as usuarios/as nin para a entidade.
 

Por que de Superheroes?
O traxe Spidersuit basease nun dos primeiros modelos de traxe espacial cuxa función era combatir a perda do tono muscular de astronautas en gravidade cero. 
 
Ambas entidades decidimos poñer nome á campaña de "Traxes de Superheroes" dada a similiutude do Spidersuit con traxes que lembran aos dos superheroes. Trátase dun tratamento que inclúe movementos que suspenden aos nenos e nenas no aire, xerando a sensación de que cos seus traxes de superheroes poden voar. 
 
Con estos traxes de Superheroes os/as nenos/as serán máis fortes. 

O Programa Spidersuit está previsto de cinco traxes distintos - con cinco tallas para garantir o acceso a todos os menores- poleas e o sistema de Unidade de Exercicios Universal; e ten un custo de 12.537,67€, que foron costeados por Fundación Amigos de Galicia mediante campaña de recollida de tapóns de plástico
 
Para iso foi preciso recadar a cantidade de 47.782.453 unidades de tapóns de plástico.
 
Trátase da campaña máis custosa que levou a cabo Fundación Amigos de Galicia ata o momento. 
 
 
En que consiste o programa Spidersuit
 
O Spidersuit é un traxe ortopédico que permite a estimulación de multisensorialidade de pacientes afectados pola parálise cerebral, trastornos neuromotres, etc. Empregado para a rehabilitación, esta órtesis brinda soporte, corrección, e estímulo para que o sistema nervioso e muscular do paciente desenvólvase dependendo das necesidades individuais de cada caso. 
 
Isto é posible polo soporte flexible que brinda o traxe, permitindo a produción do "error" para que o organismo ao atopar resistencia externa corrixa os movementos patolóxicos, mellore a postura e logre o desprazamento do centro de gravidade ata os talóns - permitindo que en a penas semanas, os pacientes tratados con Spidersuit poidan alcanzar metas que antes podían parecer imposibles.
 
Trátase dun método de Neurorehabilitación Intensiva Especializada, que está sendo empregado para asistir a pacientes con diferentes patoloxías como: parálise cerebral infantil, retrasos no desenvolvemento, lesións cerebrais, ataxia, etc. O dispositivo brinda unha estabilización externa ao tronco e asiste na realización de exercicios personalizados, cuxos elementos poden ser empregados por separado para atender zonas específicas que recibirán maior soporte e estabilidade durante a sesión.  
 
Beneficios do Programa Spidersuit

  • Estabilización externa do tronco
  • Normalización do tono muscular
  • Aprendizaxe e mellora da marcha
  • Corrección da posición do corpo
  • Efecto positivo no sistema vestibular
  • Estimulación sensorial e motora
  • ­Apoio aos músculos débiles
  • Redución dos reflexos patolóxicos
  • Corrección neuromuscular dinámica
  • Mellor equilibrio e coordinación motora
  • Aumento da calcificación ósea
  • Desenvolvemento de habilidades motrices
  • Mellora da propiocepción
  • Estimulación do cerebro
  • Mellora na fluidez da fala
  • Carga de forzas similares ás forzas de gravidade sobre o corpo
  • Redución dos movementos incontrolados
  • Aumento da forza muscular e a resistencia
 
Para Fundación Amigos de Galicia e para Amencer-Aspace é imprescindible que a cidadanía coñeza que todo o diñeiro recadado coa campaña de tapóns foi destinado directamente ao provedor onde se mercou o Programa Spidersuit. 
 
Share by: