Premio Nacional de Gastronomía Tradicional "Lola Torres"
O Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres
é convocado anualmente pola Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de O Grove
(Pontevedra) e a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia. Este premio, que naceu no ano 2002 como homenaxe a todos os cociñeiros/as galegos/as que sentaron cátedra nos fogóns, ten como finalidade resaltar a gastronomía de aqueles restaurantes ou restauradores cunha traxectoria de máis de 25 anos que respectan a gastronomía tradicional e poñen en valor os produtos autóctonos da súa zona.