XXXI Grelo de Ouro- Luz Casal

XXXI GRELO DE OURO - LUZ CASAL

Fundación Amigos de Galicia entregou o sábado 10 de novembro de 2018 o XXXI Grelo de Ouro a Luz Casal nun acto no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. 

O acto contou coa actuación do grupo de música antiga Resonet que interpretou cancións do seu disco no que versionan poemas de Rosalía de Castro, realizando así unha homenaxe á poetisa.

O xurado do premio destacou de Luz Casal a promoción e difusión que está facendo de Galicia, a súa labor solidaria mediante a organización do Festival da Luz, a súa traxectoria profesional a nivel nacional e internacional e o exemplo de superación que representa para toda a sociedade pola súa loita  contra o cancro.

Durante a entrega do premio, o Douctor Ramiro José Varela Cives, Secretario da Fundación Amigos de Galicia,  encargouse da lectura da acta. O anterior Grelo de Ouro foi para ONCOMET e o seu director, o Doutor Rafael López López foi o encargado de ler o laudatorio. O acto contou coas intervenciones do Presidente de Fundación Amigos de Galicia, Miguel Villar Costoyas, de Luz Casal e do Presidente de Honra da Fundación, Ramiro Carregal. 

Presidiu o acto Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia e la Universidade de Santiago de Compostela estivo representada por Víctor Arce Vázquez, vicerreitor de Estudantes e Internacionalización.
ACTA ÍNTEGRA
Outeiro de Rei, a 08 de xullo de 2017
 
Sendo 08 de xullo de 2017, reunido o Padroado da FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA, Presidido polo seu Presidente, Miguel Villar Costoyas e actuando de Secretario titular do mesmo, Ramiro José F. Varela Cives, contando co asesoramento de Jesús Busto Peteiro para tratar a concesión do XXXI Grelo de Ouro do ano 2018,
 
Acorda:
 
A proposta na Asemblea Xeral o 08 de xullo de 2017, e vistas as diferentes propostas, conceder o XXXIPremio Grelo de Ouroa María Luz Casal Paz, Luz Casal.
 
A Fundación Amigos de Galicia outórgalle este premiopola promoción e difusión que está facendo de Galicia, a súa solidariedade a través da organización do Festival da Luz, a súa traxectoria profesional a nivel nacional e internacional, e o exemplo de superación que supuxo para a sociedade na loita contra o cancro.
 
Dasúa experiencia profesional, o Xurado destaca os 36 anos de traballo transcorridos dende o seu primeiro lanzamento. Tras os seus éxitos en España, logrou a fama internacional, especialmente en Francia, sobre todo tras incluírse dous dos seus temas na película TaconesLejanos, de Pedro Almodóvar. En Francia avalan a súa traxectoria internacional, tamén laureada pola crítica máis exixente. Luz Casal recibiu a Medalla das Artes e as Letras de Francia, e días atrás, a Medalla de Ouro da cidade de París. O éxito en Francia corroborouse con un cheo absoluto no concerto que Luz ofreceu no teatro Olympia de París.
 
Co seu último traballo, Que corra o aire, Luz Casal suma xa 15 albumes de cancións orixinais.
 
Por todo iso, o Xurado do Premio valorana cantante galega a súa perseveranza e determinación na súa carreira profesional e persoal salientando a defensa e o bo nome de Galicia.  
 
María Luz Casal Paz , filla única de José Casal e Matilde Paz, naceu no municipio galego de Boimorto – parroquia de Andabao- , na provincia de A Coruña, o 11 de novembro de 1958.Contaba con escasos meses de vida cando os seus pais trasladaron a súa residencia a Asturias, pero nunca renegou das súas orixes. Nun concerto no Teatro Real, unha persoa do público a sorprendía dicíndolle que é un exemplo, ao que ela contestou que tan só era unha muller de aldea.
 
En moitas entrevistas de xornais, revistas, televisións, etc. a nivel nacional e internacional Luz Casal fai referencia aos seus orixes, a Galicia, contribuíndo deste xeito á promoción e difusión da comunidade e engrandecendo o seu prestixio.
 
No ano 2010, Luz Casal, é distinguida coa Medalla Castelao, un recoñecemento que distingue a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo de personalidade galega distinguida. O Xurado do Grelo de Ouro valora as súas palabras no seu discurso de agradecemento, xa que expresou o seu amor por Galiciae o seu cariño baseado na memoria dos seus maiores e na inocencia das súas paisaxes.
 
O Xurado tamén destaca a integración da cultura galega na súa vida profesional, como así reflicte con cancións en galego sobre todo de Rosalía de Castro. Cabe destacar a coñecida versión Negra Sombra xunto a Carlos Núñez, de Rosalía de Castro.
 
Nun concerto debutado no Instituto Cervantes de Xapón en 2017, Luz Casal fixo un guiño a Rosalía de Castro no 180 aniversario da súa morte dedicándolle “Negra Sombra”, canción baseada no seu poema, que segundo afirma Luz Casal, representa a alma galega.
 
O engrandecemento de Galicia, e en concreto da súa aldea natal, non solo o demostra traspasando fronteiras, xa que pon en marcha dende o ano 2012, en colaboración co concello de Boimorto, o Festival da Luz, que se celebra no mes de setembro. 
 
Un proxecto de gran relevancia pola súa capacidade para xerar recursos de maneira sostible nunha zona rural galega. Un festival entre milleiras, nubes e claros que naceu un día con boas intencións para Boimorto e hoxe en día converteuse nun festival de referencia.
 
O Festival da Luz é un evento novo con artistas de renome, un evento que demostra a viabilidade dun espectáculo de tal envergadura nun entorno rural,e sobre todo, un evento comprometido coas causas solidarias. Para Luz Casal, o feito de que a artesanía e a gastronomía estean presentes no festival, é unha maneira de ensalzar a cultura galega.
 
 
En 2007 convértese noutro tipo de referente. Á cantante galega detectáronlle un cancro por primeira vez no ano 2007; e un segundo en 2010. A pesar do duro golpe que isto supuxo para ela, nunca tivo ningún problema en falar da súa enfermidade.
 
A súa actitude ante a loita contra o cancro inspirou a mulleres e homes. Con un carácter que lle axudou moito, a medicina, e a música sempre ó seu lado, a galega asegurou en numerosas ocasións que o mellor époñer da túa parte, non irte á esquina e darte por vencida á primeira de cambio.
 
Non se sinte nin icono nin heroína, e como di en moitas ocaisóns: recuperarsedo cancro non só depende da coraxe, isoé unha maneira case frívola de enfrontarse a un problema tan gordo coma o da enfermidade.
 
O Xurado do Grelo de Ouro valorou tamén a súa colaboración con ONCOMET (Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional) de Santiago de Compostela e XXX Grelo de Ouro de Fundación Amigos de Galicia, polo avance no estudo da biopsia líquida.
 
 
María Luz Casal Paz, Boimorto 1958
 
Entre as distincións ao seu traballo e á súa traxectoria vital, o Xurado resalta:
  • En novembro de 2009 Medalla das Artes e das Letras de Francia.
  • En abril de 2010 recibe a Medalla de Ouro da cidade de París.
  • O 30 de setembro de 2010 recibe de mans de LetiziaOrtiz, Princesa consorte de Asturias, o Premio 'V de Vida' da Asociación Española Contra oCancro (AECC),pola súa forza á hora de afrontar dita enfermidadee pola súa solidariedadecoas persoas afectadas.
  • O 28 de xuño de 2010 José Ignacio Portos, alcalde de Boimorto, recolleu en nome de Luz Casal, ausente polo seu tratamento de quimioterapia, a Medalla Castelao, outorgada ás persoas que se destacan polo seu galeguismo.
  • O 16 de maio de 2010 recibe o título deFilla Predilecta de Boimorto.
  • O 15 de maio de 2010 recibe a Medalla de Ouro da cidade de Madrid.
  • O 19 de novembro de 2013, Premio Nacional das Músicas Actuais.
  • En decembro de 2017 recibe a Medalla Internacional das Artes 2016 da Comunidade de Madrid.

O premio será entregado no Paraninfo da Facultade de Historia da USC con data a sinalar. Sen outro asunto que tratar, sendo as 12:15 horas, levántase a sesión en Santiago de Compostela.
Share by: