VIOLENCIA DE XÉNERO

Qué é a violencia de xénero?

 

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mero feito de selo. Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.

 

A discriminación das mulleres e a violencia de xénero (como a manifestación máis brutal das desigualdades entre homes e mulleres) é un problema que está presente na maior parte dos países do mundo.

 

A Fundación Amigos de Galicia defende os dereitos das mulleres galegas que sofren violencia machista, que por tal teñen dereito á asistencia social integrada, asistencia xurídica e unha serie de dereitos laborais.

 

Dende a Fundación Amigos de Galicia, prestámoslles as axudas seguintes:

 

  1. Información e asesoramento dos trámites para facer valer os seus dereitos, e das axudas existentes.
  2. Unha axuda de alimentos inmediata no cadro da alimentación completa, consistente nun paquete de alimentos composto por produtos básicos.
  3.  Unha axuda en vestimenta e hixiene persoal, así como cueiros para os fillos que poidan ter ao seu cargo.
  4. Cursos de formación orientados ás súas necesidades específicas.
  5. Axudas diversas: na busca de vivenda, no pago de alugueres e determinadas achegas económicas que poidan ser necesarias.

 

A asistencia social integrada consiste en:

־ Información
־ Atención psicolóxica
־ Apoio social
־ Seguimento de reclamacións dos seus dereitos
־ Apoios educativos
־ Formación preventiva en valores de igualdade
־ Apoio á formación e á inserción laboral

 

A asistencia xurídica:

 

־Asistencia xurídica con gratuidade e inmediata.

 

Os dereitos laborais:

 

־ Redución ou reordenación do tempo de traballo.
־ Suspensión da relación laboral con reserva do posto.
־ Extinción do contrato.
־ A impuntualidade por estas causas están xustificadas.
־ O importe das axudas é equivalente a seis meses de subsidio por desemprego.
־ Con grado de minusvalía igual ou superior ao 33%, corresponde un importe de 12 meses por subsidio de desemprego.
- Ás vítimas con responsabilidades familiares, 18 meses por subsidio de desemprego.

־ Ás vítimas con cargas familiares con discapacidade, 24 meses por subsidio de desemprego.
־ Serán colectivo prioritario no acceso a vivendas protexidas e residencia para maiores.

 

PROGRAMA DIRIXIDO A MULLERES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Unha historia que contar


A Fundación Amigos de Galicia leva un tempo traballando con mulleres vítimas de violencia de xénero.

 

Tal é o caso dunha familia en Portas, na que o pai asasinou á nai, quedando o pai en mans da xustiza, e os nenos sen medios económicos para facer fronte ao crédito persoal e unha hipoteca que seus pais tiñan ao seu nome. A Fundación Amigos de Galicia organizou un festival para acadar medios económicos para o pago do crédito persoal. Todos os cartos recadados foron para a familia, que tamén recibe na actualidade o paquete mensual con produtos de alimentación básica.

 

En Moaña tamén atendemos a unha muller vítima de violencia de xénero, que se tiña que facer cargo soa dos seus catro fillos sen mais ingresos que a pensión da súa sogra, que ademais necesitaba dos seus coidados. A todo isto sumarlle que tiñan que aboar un alto importe de aluguer pola vivenda que ocupaban, quedando case sen recursos para poder cubrir as necesidades básicas dos seis membros. Por iso, a Fundación Amigos de Galicia brindoulle o seu apoio, tanto na entrega mensual dun paquete de alimentos como en determinadas achegas económicas, ademais de cubrir as súas demandas de roupa, material escolar e produtos de hixiene.

 

En Santiago de Compostela, a Fundación segue atendendo a unha muller con catro fillos que vivía en Ames co seu marido que a maltrataba. Axudóuselle a atopar un piso e axuda para o pago de aluguer e facturas domésticas, como tamén a atopar un traballo adaptado ás súas obrigas familiares. Visto cos recursos económicos son, aínda agora, escasos para cubrir todas as necesidades da familia, seguímola axudando polo medio dun paquete de alimentos mensual.

 

En Ribadavia, unha muller con seis fillos que sempre tivera recursos económicos, xa que o marido tiña moi boa situación, viuse dun día para outro abandonada sen ningún ingreso nin capacidade para acadalo. A Fundación axudoulle a facer fronte á situación aportando apoio alimentario, de produtos diversos, e para que os seus fillos puideran seguir unha escolaridade normal.

 

Facer mención do caso dunha muller de O Grove, que tras o ingreso en prisión da súa parella por abusos sexuais á súa filla menor, tivo que facerse cargo soa do coidado dos seis menores. A Fundación traballou con ela na busca de emprego, e tamén tratou de promover os recursos dispoñibles para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Actualmente percibe da Fundación Amigos de Galicia un paquete mensual de alimentos e a súa situación, a nivel xeral, mellorou notablemente.

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

988 54 60 68

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: