A Fundación Amigos de Galicia defende os dereitos das persoas que sofren violencia de xénero, que por tal teñen dereito á asistencia social integrada, asistencia xurídica e unha serie de dereitos laborais.

 

Contan tamén cun número de teléfono da Xunta de Galicia de información para as persoas que sofren violencia de xénero: 900 400 273- 016

A asistencia social integrada consiste en:

־ Información
־ Atención psicolóxica
־ Apoio social
־ Seguimento de reclamacións dos seus dereitos
־ Apoios educativos
־ Formación preventiva en valores de igualdade
־ Apoio á formación e á inserción laboral

 

A asistencia xurídica:

־Asistencia xurídica con gratuidade.

E os dereitos laborais:

־ Redución ou reordenación do tempo de traballo.
־ Suspensión da relación laboral con reserva do posto.
־ Extinción do contrato.
־ A impuntualidade por estas causas están xustificadas.
־ O importe das axudas é equivalente a seis meses de subsidio por desemprego.
־ Con grado de minusvalía igual ou superior ó 33%, corresponde un importe de 12 meses por subsidio de desemprego.
־As vítimas con responsabilidades familiares, 18 meses por subsidio de desemprego.
־ As vítimas con cargas familiares con discapacidade, 24 meses por subsidio de desemprego.
־ Serán colectivo prioritario no aceso a vivendas protexidas e residencia para maiores.


Tamén, se lles presta dende a Fundación Amigos de Galicia, a axuda de alimentos, consistente nun paquete de alimentos que está composto por produtos básicos tales como: arroz branco, pasta, aceite, leite UHT, leite en pó, leite de continuación para bebés, azucre, madalenas, garavanzos, lentellas, fabas, cacao, fariña, natillas, carne, conservas, ovos, tomate frito, chourizo, queixo, arroz con leite, galletas, cereais, batidos, patacas, polo, froita, peixe conxelado, croquetas, verdura conxelada, polbo, etc. Tamén teñen dereito a percibir, por parte da Fundación Amigos de Galicia, roupa e produtos para a súa hixiene persoal, así como leite infantil e cueiros para os fillos que poidan ter a cargo. Ademais, tamén se desenvolven cursos de formación orientados a elas, xa que a propia entidade ten en proxecto a creación dunha empresa textil que confeccione a roupa de traballo do Sergas cóa incorporación a ésta de 15 mulleres, seleccionadas a través do curso de formación. Ademais, dita entidade tamén lles proporciona axuda na busca de vivenda, no pago de alugueres e determinadas achegas económicas que poidan ser necesarias.

 

O teléfono da Fundación Amigos de Galicia: 981 576 034/ 986 510 181/ 986 576 034.

Dende a Fundación Amigos de Galicia levase un tempo traballando con mulleres vítimas de violencia de xénero. Tal é o caso dunha familia en Portas, na que o pai asesinou a nai, quedando o pai en mans da xustiza e os nenos sen medios económicos para facer fronte o crédito persoal e unha hipoteca que seus pais tiñan o seu nome. Así, o concello de Portas ofreceulles unha muller que lle axudase nas tarefas do fogar pero a familia rexeitou dita axuda porque se consideraban capaces de levar a cabo sós ditas tarefas. A Fundación Amigos de Galicia organizou un festival para acadar medios económicos para o pago do crédito persoal, e así todos os cartos recaudados foron para a familia, que tamén recibe na actualidade o paquete mensual con produtos de alimentación básica.
Ademais, en Moaña tamén atendemos a unha muller vítima de violencia de xénero, que se tiña que facer cargo sóa dos seus catro fillos sen máis ingresos que a pensión da súa sogra, que ademais necesitaba dos seus coidados. A todo esto sumarlle que tiñan que aboar un alto importe de aluguer póla vivenda que ocupaban, quedando así case sen recursos para poder cubrir as necesidades básicas dos seis membros. Por eso, a Fundación Amigos de Galicia brindoulle o seu apoio, tanto na entrega mensual dun paquete de alimentos como en determinadas achegas económicas, ademais de cubrir as súas demandas de roupa, material escolar e productos hixiénicos.


Por último, facer mención o caso dunha muller do Grove, que tras o ingreso en prisión da súa parella por abusos sexuais a súa filla menor, tivo que facerse cargo sóa do coidado dos seis menores. A Fundación traballou con ela na busca de emprego, así tamén tratou de promover os recursos dispoñibles para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Actualmente, percibe da Fundación Amigos de Galicia un paquete mensual de alimentos e a súa situación, a nivel xeral, mellorou notablemente.