QUENES SOMOS

 

 

Fundación Amigos de Galicia fundouse o 17 de maio de 1987 baixo o nome de Asociación Gastronómica e Cultural "O Grelo", transformándose en 1995 en Fundación Amigos de Galicia "O Grelo".  Posteriormente converteuse na actual Fundación Amigos de Galicia.

 

A Fundación Amigos de Galicia é unha Entidade Prestadora de Servizos Sociais con número de rexistro E-2199,  declarada como entidade de interese galego (D.O.G. 23-11-1995). 

 

A súa labor repártese entre a axuda aos colectivos mais necesitados de Galicia, a promoción cultural e o turismo.

  

A Fundación Amigos de Galicia atendeu en 2016, mensualmente, a unha media de 42.470 atencións dentro do Plan Integral de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social, dos que 15.728 eran menores e mocidade. Nos últimos anos houbo un incremento notable en relación ao número de persoas atendidas, como pode observarse neste gráfico que reflicte a evolución entre 2010 e 2016. 

A Fundación Amigos de Galicia é posible grazas aos seus Patronos/as, á iniciativa privada e, dunha maneira especial, ás Empresas Galegas, tanto polo seu apoio económico, coma doazóns en especie, a maior parte en forma de alimentos.

 

Todo isto non sería posible sen a importantísima colaboración da Xunta de Galicia, dos Fondos Europeos de Loita contra a Pobreza, do Goberno de España, dos Concellos e das Deputacións. Agradecemos ademais o apoio de asociacións, colexios e institutos e colectivos preocupados polos máis necesitados.

 

Todo o traballo desenvolto polos traballadores profesionais da Fundación é coordinado, para un maior éxito, cos Servizos Sociais dos Concellos, da Administración en xeral, e das entidades que contan con profesionais axeitados para conseguir os obxectivos que nos propoñemos. Asemade, a Entidade contou, en 2015 coa colaboración de 441 VOLUNTARIOS/AS distribuídos polas catro provincias, e 485 EMPRESAS PRIVADAS,  que fan posible chegar a axuda a tódolos lugares de Galicia nos que traballamos.

 

A Fundación Amigos de Galicia está a disposición da Sociedade Galega dando as grazas en nome dos máis necesitados e no noso propio, a todas as persoas que fan posible este pequeno milagre diario a prol da nosa Sociedade.

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas dos/as nosos/as usuarios/as. 

Colabora dende 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

988 54 60 68

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: