Programa de Primeira Atención a Persoas de Necesidade Urxente

PROGRAMA DE PRIMEIRA ATENCIÓN, INMEDIATA, A PERSOAS EN SITUACIÓN DE NECESIDADE URXENTE 


O número de persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social é un dos indicadores máis fiables do grado de desenvolvemento social alcanzado por un país. A erradicación de estes fenómenos supón, por tanto, un dos obxectivos prioritarios ós que, como sociedade, debemos dar cumprimento. Como traba, a actual conxuntura económica que supón un empuxe á exclusión social.  

Fundación Amigos de Galicia desenvolve este programa de primeira atención inmediata, de cara a conseguir dar resposta ás necesidades básicas das persoas demandantes de axuda en situación constatada de necesidade, coordinando todas as actuacións cos departamentos de Servizos Sociais dos concellos e directamente cos servicios sociais da Fundación, de todas as persoas que se dirixen directamente a mesma previa presentación da documentación necesaria e a valoración das súas necesidades e a atención tamén dos servicios que presta a Fundación como axencia de emprego para estudar a súa posibilidade de inserción laboral. 

O obxectivo do programa se centra na loita contra a pobreza infantil e no apoio ós colectivos vulnerables, entre os que se atopan os seguintes: familias monoparentais con menores a cargo, familias con persoas dependentes o seu cargo, parados de longa duración con fillos a cargo, persoas inmigrantes, minorías étnicas en situacións precarias, beneficiarios de pensións mínimas con cargas familiares, emigrantes retornados, persoas incapacitadas para o traballo, persoas con diversidade funcional e outros persoas ou colectivos en situación ou de exclusión social.
Destaca a necesidade dunha primeira atención profesionalizada e protocolizada, que atenda non só a necesidade explícita, senón tamén a situación emocional pola que as persoas usuarias están a pasar.

Actuacións concretas do programa: 

  • Valoración feita por persoal técnico das unidades familiares demandantes de axuda, previa incorporación ó programa. En dita valoración se constata a situación de necesidade na que din atoparse. Ademais, dentro de esta fase, tamén se establece a coordinación oportuna cos Departamentos de Servizos Sociais dos distintos concellos de residencia das familias.
  • Valoración das necesidades concretas de cada unidade familiar incorporada ao programa, en colaboración, se procede, co persoal técnico do Departamento de Serizos Sociais do concello.
  • Entrega de paquete alimenticio (ou cesta da compra mensual), en función das necesidades concretas da unidade familiar. Dito paquete contén a totalidade de produtos alimenticios, perecedoiros e non perecedoiros, que a unidade familiar precisa para dar por satisfeita as súas necesidades neste ámbito.
  • Entrega de produtos de vestimenta e/ou calzando, en función das necesidades concretas da unidade familiar atendida.
  • Entrega de produtos de hixiene persoal, en función das necesidades concretas da unidade familiar.
  • Entrega de mobiliario e/ou outros enseres do fogar, en función das necesidades das distintas unidades familiares.
  • Cobertura doutras necesidades básicas en función das necesidades detectadas.
  • Outros apoios sociais que precisen
  • Valoración da unidade familiar tras a intervención por se é preciso darlle continuidade na entidade a través doutros programa
 
Este programa conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a realizar programas de iinterese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas


Share by: