"Camiñando por unha integración real"

O programa "Camiñando por unha integración real", foi subvencionado  pola Secretaria Xeral de Emprego, e consistiu na asignación á Fundación Amigos de Galicia dunha subvención equivalente aos custos salariais dos traballadores/as, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada do salario, para a contratación de 5 mozos desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. 

 

O programa foi cofinanciado nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. 

 

Os mozos contratados desenvolveron parte do seguemento e intervención do "Plan de Cobertura de Necesidades Básicas ás persoas en situación de carencia de recursos económicos", programa polo cal as unidades familiares atendidas pola entidade reciben resposta ás necesidades básicas para evitar situación de desamparo e nas que se detecta que son necesarias outro tipo de intervencións a nivel educación familiar, economía do fogar, coidado e atención dos menores, mediación familiar e intervención psicolóxica. Este proxecto dirixiuse a 30.416 persoas, dos cales 16.623 son menores

 

O corpo técnico contratado para o desenvolvemento consistiu en:

 

  • 2 técnicos de integración social: para elaborar proxectos de integración social con cada unidade familiar incorporando a perspectiva de xénero, implantar proxecto de integración social con aquelas familias atendidas que o requiran, deseñar accións que contribúan á prevención de violencia no fogar, deseño de actividades de atención ás necesidades físicas e psicosociais dos usuari@s atendidos, actividades de apoio á xestión doméstica na unidade convivencial, actividades de entrenamento en habilidades de autonomía persoal e social e tarefas de mediación en unidades familiares en situación de conflito. 
  • 1 telefonista: para xestionar citas, avisar aos usuarios en función das necesidades dos técnicos responsables do programa, recepción de chamadas de persoas e/ou familias demandando inclusión no programa, recepción de chamadas de persoas que alertan de persoas ou familias que poden precisar da inclusión no programa. 
  • 2 conductores de furgoneta: que se encargan da entrega dos paquetes de alimentos, con urxencia, a domicilio; e entrega de outras axudas de carácter básico a domicilio. 

 

O PROXECTO REMATOU NO MES DE ABRIL

 

A entidade insertou no seu corpo técnico a un/unha dos/as mozos/as que participaron en dito proxecto. 

 

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas dos/as nosos/as usuarios/as. 

Colabora dende 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

988 54 60 68

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: