Pesca e acuicultura

 

A actividade da pesca constitúe un dos sectores con maior peso no mercado laboral. O paro neste eido -que presenta unha disminución no ano 2.006-2.007-, aumentou a partir do ano 2.008. Destaca o ano 2.008 como o de maior capturas, diminuíndo ao ano seguinte un 4,28%.

As empresas a citar neste eido corresponden a:

  • Depuradoras de marisco que comercializan cos produtos, fundamentalmente bivalvos, que limpan e envasan. Neste senso, convén precisar que hai unha especial concentración das referidas instalacións no ámbito territorial do Salnés xa que, segundo indican, constitúen a meirande parte das depuradoras que existen en Galicia.
  • Corporacións que se dedican á pesca e comercialización de pescado, conxelando o produto de cerco e de arrastre. Estas empresas realizan a conxelación propia do peixescado, fundamentalmente azul, e prestan servizo de gardado das mercadorías, alugando as súas cámaras frigoríficas a provedores externos.
  • Piscifactorías, trátase de estabelecementos onde se crían diversas especies de peixes con fins comerciais (na súa maioría rodaballo e linguado).

 

En referencia a departamentalización destas entidades, en todas existe unha área de traballo que se ocupa da produción do produto e un departamento que se encarga da administración, dirección e contabilidade empresarial. Nun segundo plano, hai outras áreas que comezan a adquirir especial protagonismo, como acontece coa de cantidade e trazabilidade, ou a área encargada da tramitación de vendas e pedidos. Asemade, en depuradoras de pequeno tamaño hai unha rotación das tarefas e o grose de man de obra a realizar execútase indistintamente polos distintos integrantes de persoal.  

Mentras, nas empresas almacenistas de pescado, os departamentos céntranse nos tipos de conxelación e no almacenado.

En termos xerais, trátase de pequenas empresas que teñen unha poboación asalariada inferior a 50 persoas. Nas depuradoras de moluscos o persoal oscila, resultando frecuente acontratación de eventuais en temporada alta, que vai dende finais de setembro ata o remate de nadal. Ao contrario, algunha entidade sinala que a implantación de ferramentas tecnolóxicas nas instalación frigoríficas vai redundar nun incremento da xente contratada ao longo do ano. Por último, nas piscifactorías o equipo é bastante estable, se ben se establecen quendas de traballo, sendo habitual que unha persoa se encargue da vixilancia nocturna, co ánimo de garantir que a produción transcorra correctamente.

 

A exportación comeza a gañar terreo no sector pesqueiro, tendo un peso significativo na maioría das empresas, fundamentalmente a países europeos. O habitual é que se faga sen a intermediación directa de ningún organismo. Pola contra, os motivos principais que dificultan a exportación do seu produto apoianse, dunha banda, na venda do produto fresco, cunha capacidade de venda de pouca distancia, que non ten a duración necesaria como para poderse exportar; e pola outra, que a venda externa redundaría nun incremento de contratación de persoal que non pode ser asumida. Convén precisar que estas entidades tamén producen a nivel nacional, desenvolvendo as súas actividades noutras comunidades autónomas, como Cataluña, Madrid, Andalucía, Valencia, Murcia, Cantabria e País Vasco. Deste xeito, a principal clientela destas corporacións céntrase en almacenistas, detallistas e peixarías, mentres que as comercializadoras de pescado distribúen a mercadoría en grandes áreas comerciais, hipermercados e empresas armadoras.

 

Estas empresas apostan pola diferenciación da calidade do seu produto, ben a través do uso de envasados ou procesos de conxelación que lles permitan manter as súas propiedades, ben mediante a potenciación da súa marca comercial. Algunhas modificacións dignas de mención son a posta en marcha dun novo sistema de envasado denominado atmosfera protectora, a implantación de procesos de modernización do frigorífico, ou a posta en marcha de proxectos de I+D+I, en colaboración coas universidades galegas.

 

Tendo en conta a situación do sector e a competencia que existe ao respecto (que trouxo consigo unha baixada de prezos), considérase pertinente que as entidades busquen a especialización e se diferencian unhas das outras, ofertando un produto de maior calidade, e potenciando a imaxe ou marca empresarial.  Do mesmo xeito, son varias as empresas que sinalan que o futuro do sector virá da man da acuicultura, que está a ganarlle terreo ao ámbito produtivo pesqueiro.

 

As temáticas habituais nas que se centran as accións formativas ás que asiste o persoal deste sector son a manipulación de alimentos e hixiene alimentaria, prevención de riscos, e manexo de maquinaria.

Requirimentos para o desenvolvemento do posto de traballo;

 

Entrando a falar das habilidades, destrezas e requirimentos esixidos para poder desempeñar as distintas ocupación de pesca e acuicultura, as empresas destacan o interese e as ganas de traballar da xente como un dos requisitos fundamentais, así como estar en posesión dos carnés profesionais oportunos (manipulación de alimentos, elevación de carreta, e conductor…)

  • Ao persoal que se ocupa da xestión e contabilidade requíreselle formación profesional na rama de administración e xestión, valorando positivamente a obtención de estudos en Económicas ou Empresariais, así como a capacidade para adaptarse e entender a dinámica deste sector da actividade.
  • xente que traballe no departamento de vendas ten que ter certos coñecementos en idiomas, contar con experiencia laboral no ámbito pesqueiro, e ter certas habilidades á hora de falar en público.
  • Pola súa banda, o equipo de profesionais destinados á produción non require un nivel de estudos determinado nas depuradoras e nas empresas comercializadoras de pescado, se ben nas organizacións que se dedican á acuicultura requiren a obtención dun ciclo formativo (ciclo medio de operacións de cultivo acuícola e ciclo superior en produción acuícola), ou estudos universitarios que o acrediten como persoal técnico.

 

Paralelamente, algunhas empresas sinalan que a persoa que desexe traballar neste sector ten que contar con certa dispoñibilidade horaria, ter capacidade para desenvolver traballos físicos, posibilidade de desprazamento, e manter a limpeza en produción e ser unha persoa coidadosa. Asemade, algunhas empresas valoran positivamente ter carné de primeira para poder transportar a mercadoría e ter nocións de mantemento de maquinaria.

 

Con anterioridade á crise existía certa reticencia das persoas por empregarse no ámbito de actuación pesqueiro. Os perfís profesionais que tiveron maiores problemas para atopar son: persoal de mantemento de maquinaria e vixiante nocturno en piscifactorías.

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas dos/as nosos/as usuarios/as. 

Colabora dende 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

988 54 60 68

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: