Industria da alimentación e de bebidas

 

Se ben a industria fai mención aos procesos que teñen por obxecto mudar as materias primas en produtos elaborados, a industria da alimentación, bebidas e tabaco centra a súa actividade na preparación de produtos destinados á alimentación, como por exemplo as conservas, o viño, o pan ou os embutidos.

 

Caracterización das empresas

A incidencia do emprego concéntrase en dúas producións fundamentais, a actividade conserveira e a vitivinícola. En concreto, as entidades estrutúranse en tres grandes bloques de produción:

 

  1.   Fabricación de conservas e pescados, e outros produtos mariños, tales como atún, sardiña, peixe de agulla, mexillón, ou preparación de ensaladas e outros pratos preparados. Habitualmente son empresas maduras que gozan de experiencia laboral no sector alimentario, sendo negocios diferentes no tocante as súas infraestructuras: algúns posúen unha fábrica onde desenvolven e centralizan a súa actividade, e outros teñen distintas plantas espalladas polo territorio nacional e internacional (América Central, Sudamérica e África).
  2.      Elaboración e comercialización de viños, onde ten especial incidencia a produción de viños de Albariño, que constitúe a porcentaxe mais importante do seu volume empresarial (malia todo, algúns tamén traballan con outros produtos como viño de O Porto, licores de herbas, cremas de augardente, etc.). Resulta habitual que o abastecemento de uva proveña de viticultores/as da zona e, nalgunhas bodegas de viñedos propios. Así mesmo, nalgúns casos compleméntase esta actividade coa participación en tendas agrarias onde colaboran distintas organizacións, ou co desenvolvemento de actividades de etnoturismo, celebrando eventos nas propias instalacións, e organizando visitas ás bodegas e aos viñedos.
  3.     Establecementos especializados na produción e venda de pan, así como pastelería, xeados artesáns ou produtos destinados a vender en festas populares ou verbenas. Soen contar cun local de venda ao público e un obradoiro no que se realizan os produtos do día, repercutindo este traballo diario na venda de produto fresco e elaborado fresca e de calidade. Nalgún caso, estas empresas reforzaron os seus establecementos coa implantación de parques infantís que lles permiten diversificar a súa clientela, elaborando menús específicos que gozan de boa aceptación.

 

A importancia da marca nestas corporacións supón unha diferenciación fronte a outras organizacións, configura o seu posicionamento empresarial, resalta a calidade do produto e repercute nunha aceptación da mercadoría polo público. Así mesmo, comeza a ser usual que as entidades que traballan neste sector se asocien ou traballen de maneira conxunta a través de distintas unións: cooperativas, grupos empresariais, sociedades, etc.

 

 

 

Respecto aos departamentos destas empresas soe existir un área de administración, ou xestión financeira (que se ocupa de tarefas como facturación, contabilidade, solicitude de pedidos e/ou transporte de mercadorías), e unha de produción (centrada na manipulación do produto, no seu peche e almacenamento). Mentres que departamentos como calidade, marketing, I+D+I ou desenvolvemento comercial van gañando terreo. Na maioría dos casos trátase de persoal eminentemente feminizado (especialmente no ámbito conserveiro), e no equipo existe tanto man de obra non cualificada como cualificada (con ciclos de Formación Profesional, enxeñerías, persoal técnico, etc.). Nestas empresas resulta frecuente a contratación de persoal eventual cando hai determinados repuntes de traballo, como pode acontecer coa recollida da vendima, ou coa maior afluencia de clientela na época estival nos establecementos dedicados á panadería, resultando habitual a estruturación de quendas rotativas á hora de organizar o traballo.

 

exportación dos seus produtos soe estar presente nas empresas que se dedican á comercialización e distribución de viños, e a canalización da mesma realízase a través de distintas fontes: directamente a través da propia organización, mediante un socio que posúe unha maior proxección internacional, ou facendo uso das axudas, informacións e infraestructuras posibilitadas pola Cámara de Comercio. Paulatinamente, a inversión en I+D+I vai adquirindo un maior peso nestas empresas, comezando algunhas delas a xestionala a través de departamentos específicos ou, tamén emprendendo diferentes colaboracións con entidades como centros tecnolóxicos e universidades.

 

A situación e evolución do sector alimentario, así como a competencia e as políticas de prezos reinante difiren segundo a natureza das organizacións:

 

  1.     As empresas que se dedican á conserva están a atravesar unha difícil conxuntura económica dende hai tempo. Na actualidade Tailandia é o principal competidor desta industria e está a buscar a supresión de aranceis para poder exportar o seu produto á Unión Europea. No caso de que consiga a referida supresión, algunhas entidades consideran que só aquelas empresas que se diferencien pola súa marca e pola calidade do seu produto poderán competir con eles, e aquelas corporación que unicamente elaboren marca branca serán desbancadas pola mercadoría asiática.
  2.      No tocante á produción de viño, existe unha coincidencia en sinalar que a evolución xirará ao redor da concentración empresarial, a través da consolidación entres distintas agrupacións vitivinícolas, dando así lugar a un novo mapa galego. Progresivamente o/a consumidor/a gañará en importancia, incrementándose deste xeito o consumo de viño no fogar. Consideran que as claves do futuro desta actividade articularanse en torno a produtos que se adaptan mellor ás necesidades do/a consumidor/a, e en producións que teñan en conta o escenario do cambio climático.
  3.      Nun último termo, a competencia e a política de prezos nos establecementos panadeiros de fabricación artesanal, víronse afectadas pola apertura de centros comerciais ou cadeas de produción que elaboran os seus produtos en función de polbos e produtos conxelados cunha data de caducidade maior. Consideran que a vixente crise económica incidiu en que a poboación se decantara por estes últimos produtos, mais baratos; e cren que cando a conxuntura mellores a xente volverá a apostar polos produtos artesanais.

 

Asistencia á formación

 

No tocante á administración e xestión, executáronse cursos de aprendizaxe de coñecementos informáticos, así como accións centradas en facturación electrónica, dirección de empresas e contabilidade. Por outra banda, organizáronse actividades centradas en seguridade alimentaria e calidade, como acontece coa análise de riscos e control de puntos críticos, limpeza industrial, hixiene alimentaria...A formación dende un punto de vista comercial e a realización de cursos de atención ao cliente teñen unha importancia engadida nas empresas que se dedican á comercialización do viño, ao tempo que as especialidades centradas en idiomas ou na exportación do produto cara a outros países. Así mesmo, dende un punto de vista produtivo, accións formativas como procesos de filtración en bodega, aplicación de novas tecnoloxías, manipulación de carreta e alimentos, adquiren especial importancia neste sector.

Requerimentos para o desenvolvemento do posto de traballo

 

Entrando a falar das habilidades ou coñecementos requiridos para levar a cabo os postos de traballo no sector de industrias alimentarias resulta de sumo interese as seguintes consideracións: Consideran importante ter ganas de traballar, implicarse no desenvolvemento das tarefas e interesarse polo discorrer da empresa, así como ter certas nocións previas do posto a desempeñar e da realidade do sector. O capital relacionala empatía ou o saber estar cara ao público son outras das cualidades que se teñen en conta. Ter coñecementos en idiomasconvértese nun requisito para aquelas persoas que emprendan labores comerciais e realizan labores

exportadoras da mercadoría elaboradora, tendo maior incidencia no ámbito do viño.Aquelas persoas que se dedican á manipulación de alimentos teñen que ter destrezas manuais tales como rapidez, axilidade, coidado, orden e limpeza, valorándose positivamente a experiencia laboral.Así mesmo, en postos vinculados á panadería, repostería, confeitaría e a fabricación de conservas, o persoal ten que ter certa flexibilidade laboral ou dispoñibilidade horaria, xa que habitualmente se traballa fines de semana e festivos.

 

Respecto ao nivel de estudos, o persoal qeu se dedica a realizar as funcións correspondentes a área de administración e financiamento, ten que posuír un ciclo de grado medio ou superior relacionado con administración e xestión, así como coñecementos informáticos, contables, certas nocións de formatos de embalaxes, ou manexo de software para a planificación de recursos empresariais. O equipo que execute labores de marketing posúe coñecementos nas TIC e ten estudos universitarios, habitualmente Administración e Dirección de Empresas; mentres que o persoal que se ocupa da produción do viño está vinculado mais a enxeñerías superiores e técnicas. Pola súa banda, o mantemento industrial nas conserveiras asóciase habitualmente aociclo medio ou superior en mecanizado, e aquelas persoas que traballan na área de I+D+I á licenciatura en químicas. Así mesmo, sinalar que a poboación traballadora que emprende as súas funcións nun obradoiro de panadaría, ten que coñecer de primeira man o oficio de panadeiro/a ou pasteleiro/a e acreditar a experiencia laboral suficiente no mesmo. Outro persoal para o cal se require ter certa bagaxe laboral, é aquel que se dedica á limpeza industrial de maquinaria nas conserveiras, mentres que o comercial vitivinícola ten que dominar a venda técnica do produto, amosando coñecemento e capacidade de integración no mundo do viño.

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

988 54 60 68

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: