Comercio

Se ben existe unha diversidade ampla no tocante ás empresas que desenvolven a súa actividade a través do comercio polo miúdo (alimentación, prendas de vestir, moblaría, ferraxaría, materiais de construción, etc…), os exemplos típicos móvense en ámbitos de actuación fundamentais:

  • Estabelecementos especializados en alimentación, nos que o cliente está en contacto directo coa mercadoría, sen a intervención directa do vendedor, tales como hipermercados e supermercados.
  • Ferraxarías e vendas de materiais de construción (onde ten especial incidencia o transporte dos referidos materiais ou a especialización en cerámicas para baño ou cociña), así como outras actividades de distribución menor, como moblerías, electrodomésticos, tendas de xoguetes ou bazar de decoración.
  • Distribuidoras de produtos comerciais vinculadas ao mundo da comunicación, como acontece coas empresas que se adican á distribución de móbiles e que están a moverse entre dous tipos de mercado: un residencial ou de particulares no que o cliente acode aos seus puntos de venda; e outro empresarial, no que é necesario buscar ao cliente no seu propio negocio.

 

maioría delas son empresas con certa andadura laboral, que levan moitos anos traballando no sector (nalgúns casos trátase de negocios herdados), e que se foron especializando e diversificando co paso do tempo.  De feito, algunhas comezaron desenvolvendo a súa actividade nunha ferraxaría ou carpintaría e foron ampliando a prestación dos seus servizos paulatinamente. 

 

 

Pola súa banda, existe outro grupo de empresas que levan un menor período exercendo a súa actividade, non chegando aos dez anos de vida laboral (nesta agrupación teñen especial interese as organización vinculadas á comunicación e á telefonía móbil). No tocante ás infraestruturas e equipamentos, estas empresas soen ter varias tendas ou estabelecementos, ben sexa porque necesitan almacenar materiais ou ben sexa porque prestan servizos distintos a súa clientela. O ámbito de actuación territorial no que se moven soe ser comarcal, adquirindo especial relevancia o traballo cos concellos lindantes.

 

A departamentalización da empresa non é algo tan usual como a rexistrada noutros sectores da actividade presentados neste estudo, xa que o persoal soe desenvolver as distintas tarefas asignadas (atención ao público, reposición de materiais ou produtos, encargo de pedidos, etc…) de maneira rotativa. Se ben, nas empresas de maior tamaño ou nas relacionadas co mundo da comunicación sí existen distintas áreas ou departamentos de traballo especializados, con equipos comerciais asignados a cada unha das liñas de negocio existentes.

 

O volume de emprego nestas organizacións oscila entre as cincuenta e as cinco persoas contratadas, presentando o equipo de persoal certa antigüidade laboral no sector do comercio polo miúdo e na propia empresa. Asemade, non soen ter unha cualificación específica e o seu nivel formativo é medio- baixo.

 

Pódese dicir que a publicidade máis habitual é a que fai mención á difusión a través de cuñas en emisoras de radio ou xornais locais (con motivo de festas ou celebracións populares), a repartición de gorras, camisetas ou bolígrados, así como á organización de campañas (tales como mudar bañeiras por duchas) ou colaboracións con entidades deportivas da zona. 

 

Do mesmo xeito, hai que ter en conta que nos supermercados franquiciados soe ser a franquicia a que se ocupa de realizar a referida propaganda (habitualmente a través de folletos informativos que reflicten as ofertas e que mudan cada quince días), mentras que nos distribuidores telefónicos faino o operador (sendo o uso de telemarketing no cal un vendedor utiliza o teléfono para contactar con clientes potenciais, vendendo produtos e servizos- un recurso habitual).

 

Respecto á presenza das novas tecnoloxías no traballo, as empresas que se moven no ámbito da comunicación, seguen as pautas do seu operador telefónico, como as franquías de alimentación, que teñen informatizados os seus pedidos en función dos produtos que venden. Do mesmo xeito, resulta habitual a informatización no cobro e xestión de comandas ou facturas, así como o uso de ferramentas tales como o correo electrónico.

 

É recorrente a percepción de que se trata dun mercado en retroceso, no que a competencia empresarial é unha constante e as vendas diminuíron drasticamente. Cren que existe unha escasa atención á realidade económica desta actividade (fronte ás axudas que se están a conceder ás empresas de gran tamaño), que cada vez máis as grandes superficies están a gañar terreo ao pequeno comercio, e que intentan enfrontarse a crise a través da diversificación dos servizos que prestan. Así mesmo, algunhas empresas demandan a creación de chan industrial que lles permita centralizar os seus servizos nun único estabelecemento e reducir así os seus gastos (sobre todo naquelas tendas máis concentradas na ferraxaría e na venda de materiais de construción). Por outra banda, as organizacións nas que incidiu en menor medida o impacto da actual conxuntura económica son as vinculadas á telefonía, se ben cren que co paso do tempo estas pequenas tendas tenderán a desaparecer, primando a venda telefónica ou por internet, tal e como ven acontecendo noutros países comunitarios.

 

Asistencia á formación;

 

En termos xerais, pódese dicir que a asistencia a actividades formativas das persoas que desenvolven a súa actividade produtiva no comercio polo miúdo non é unha constante, adquirindo maior importancia nas empresas máis grandes ou nas distribuidoras de produtos comerciais centrados na comunicación e/ou na telefonía. No tocante a temática dos cursos aos que acudiron nestes dous últimos anos céntranse:

  • Na actividade comercial a desenvolver, capacitando para o dominio de habilidades, actitudes do vendedor e técnicas de venda, así como na apertura e peche de operacións comerciais ou na resolución de conflitos coa clientela.
  • No produto a vender, onde ten especial interese o coñecemento da mercadoría, a súa fabricación e posteriores modificacións da mesma.
  • Nunha perspectiva administrativa. Deste xeito realízanse cursos de contabilidade, tesourería, protección de datos e informática (procesadores de texto e bases de datos…)

 

Outras especialidades formativas de interese realizadas polo persoal destas empresas son Manipulador de carreta elevadora e Prevención de riscos laborais. Asemade, no ámbito da alimentación resulta de suma importancia estar en disposición do carné de manipulador de alimentos para desenvolver o posto de traballo.

 

 

Requerimentos para o desenvolvemento do posto de traballo;

 

Entrando a afondar nas destrezas, coñecementos e habilidades que necesita unha persoa para levar a cabo o seu traballo no ámbito produtivo do comercio polo miúdo convén precisar que:

  • Resulta de sumo interese que a persoa teña unhas boas aptitudes comerciais, cunhas capacidades mínimas de entenderá clientela e de facerse entender. Neste senso, requírese unha óptima capacidade comunicativa e de relación, tratando co público con certa soltura e disposición. Isto é ser agradable e saberse adaptar á clientela, entender que non todas as persoas son iguais e que é preciso ter psicoloxía para atendelas ben.
  • Do mesmo xeito, é necesario ter certa competencia persoal sobre o produto e amosar posibilidades para aumentar a rendibilidade no punto de venda. Técnicas comerciais como o merchandising valórase positivamente, chamando a atención da clientela, dirixíndoo cara o produto e facilitando a súa compra.
  • As ganas de traballar e o interese en aprender son requisitos moi presentes nestas empresas, dando prioridade a habilidades como a versatilidade (organizar pedidos, atender provedores e clientela, cobro e facturación…) ou, nalgúns casos, ter certa forza física para cargar e descargar certos produtos.
  • Asemade, un certo dominio das novas tecnoloxías, e o gusto polas TIC considérase un requirimento positivo á hora de desenvolver o posto de traballo no pequeno comercio. O carné de primeira e o de manipulador de alimentos, así como o manexo de grúas ou elevadores constitúen un requisito a ter en conta, sobre todo naqueles traballos máis vinculados ao mundo da ferraxaría e da alimentación.

No tocante ao nivel de estudos requiridos, non soe esixirse unha titulación ou formación específica, aínda que nalgúns casos se valora a posesión de estudos de formación profesional e bacharelato, considerándose un óptimo comercial, non tendo que posuír unha titulación determinada. Ao tempo, á hora de contratar persoal a experiencia laboral no sector non é un requirimento indispensable, estimando pertinente contratar a persoas mozas; formándoas paulativamente coa intención de que permanezan na empresa. Malia todo, valórase positivamente certa experiencia porque permite axilizar o proceso laboral, ou o feito de posuír coñecementos afíns ao sector, como pode acontecer cun carpinteiro que comeza a traballar nunha moblaría de comercial.

 

Na actualidade, non soen ter dificultades para cubrir os distintos perfís profesionais que existen no sector, posto que a actual conxuntura económica incidiu no feito de que haxa unha maior dispoñibilidade da poboación cualificada á que acudir. Non obstante, hai postos de traballo que é máis difícil ocupar:

  • É complicado atopar comerciais que reúnan as aptitudes ou destrezas necesarias para desempeñar o seu posto de traballo satisfactoriamente.
  • Resulta complicado atopar persoal que realice as funcións de chofer de primeira e que, ao mesmo tempo, saiba traballar con guindastres para a elevación de cargas.

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

988 54 60 68

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: