SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

    A Fundación Amigos de Galicia encárgase, entre outras actuacións, da inserción no mercado laboral das persoas que por razón de idade, sexo, cargas familiares e carencia de formación forman parte dos colectivos máis desfavorecidos de cara a busca de emprego.

    Para tal obxectivo, a entidade ven realizando accións de información, orientación e busca de emprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación de todas aquelas persoas que pola súa situación de exclusión forman parte de colectivos con dificultades de inserción laboral.

    Os obxectivos do servizo de orientación baséanse principalmente en:

  • Actualizar e activar o currículo vitae de cada demandante.
  • Optimizar a oferta formativa existente.
  • Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente.
  • Ofrecer un sistema de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

        Tódolos boletíns fanse chegar ás mais de 5.000 familias que atende a Fundación, pero aquelas familias que non teñen acceso a internet poden acceder ao boletín informativo a través do servizo de Orientación do seu Concello, xa que a entidade achégallo tódalas semanas.

     Mediante a elaboración do boletín de ofertas de emprego a Fundación Amigos de Galicia pretende chegar a todas aquelas persoas que se atopan en situación de desemprego.

  Co servizo de Orientación, a Fundación Amigos de Galicia pon en marcha unhas funcións específicas para levar a cabo as accións de orientación, información e procura de emprego:

  • Asesoramento en técnicas de busca de emprego.
  • Información sobre formación ocupacional, formación continua, formación regrada e formación complementaria privada.
  • Información sobre a situación do mercado laboral e sobre empresas de distintos sectores.
  • Información sobre directorios de empresas.
  • Asesoramento sobre distintas ofertas de traballo e anuncios de ofertas.
  • Captación e tratamento de ofertas de emprego.

     Para acadar estes obxectivos os técnicos de orientación dirixen o seu esforzo á realización de tarefas de información e orientación, mediante a utilización da web da Fundación como una ferramenta de traballo enfocada a optimizar os recursos existentes para a busca de emprego así como a elaboración dun Boletín Semanal de Ofertas de Emprego privado, público e no estranxeiro.

     A Fundación deriva semanalmente o Boletín de Ofertas de Emprego a tódolos Concellos cos que ten firmado convenio de colaboración, no que, ademais de incluír a oferta xeral de ofertas de emprego privado a nivel autonómico, recóllense ás ofertas específicas da comarca de cada Concello en cuestión.

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas dos/as nosos/as usuarios/as. 

Colabora dende 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

988 54 60 68

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: