A promoción do idioma galego é un dos obxectivos da entidade: as súas letras, as súas artes e axudar a escritores e pintores noveis, etc...

 

Deste xeito a fundación, xa dende hai anos creou o Premio de poesía "O Grelo", anteriormente "Suso Vaamonde", o Premio de Relatos Curtos e Contos "Xaquina Trillo", denominado anteriormente "Daniel Hortas", e o Premio de Pintura "Fundación Amigos de Galicia". Asimesmo, editou e promoveu diferentes publicacións en Galego, como "Escolanía de Merlos" de Faustino Rey Romero e "Visto desde aldea (aquela xentiña eramos así) de Maximino Viaño, que foron presentados pola fundación en maio de 2006.