TAPÓNS NAIR

Nahir

 OBXECTIVO CONSEGUIDO!!
A historia de Nahir
 
Aos seus cinco anos esta pequena pontevedresa xa é exemplo de superación , e a pesar de que a pequena acude á consulta de rehabilitación de atención temperá no hospital Provincial, as súas dificultades psicomotrices e comunicativas non imposibilitan que Nahir asista cada día ao colexio de educación ordinaria Príncipe Felipe.
 
O xuizo clínico da pequena amosa unha diagnose de parálise cerebral infantil con tetraparesia discinética, e os informes médicos auguran que para que poida mellorar a súa mobilidade, e polo tanto, a súa calidade de vida, necesita ampliar o tratamento. Este tratamento inclúe Neurehabilitación Física e RHB robotizada con lokomat 
 
Estas sesións axudarán a Nahir a gañar mobilidade e a repetir de forma homoxénea e intensiva ciclos de marcha o máis parecidos posible á normalidade.   
 
Ademais, o dano neurolóxico que presenta Nahir, imposibilita que adquira a linguaxe oral como forma de expresión, polo que require que se lle ensine a utilizar un sistema de comunicación alternativo á fala. Para iso recoméndaselle acudir a oito sesións de Sistema Aumentativo de Comunicación.
 
Para os pais da pequena, os custes do tratamento supoñen unha cantidade imposible de asumir, xa que os dous atópanse en situación de desemprego.
 
As prestacións que a familia recibe mensualmente non superan o custe do tratamento, e tendo que asumir un aluguer e a manutención e cuidado de Nahir e os seus dous irmans tamén menores de idade, o tratamento da filla menor supón para eles un gasto inalcanzable.

Coa axuda de Fundación Amigos de Galicia a nena realizou un ano de tratamentos de logopedia, neurorehabilitación e lokomat por valor de 7.544 euros.
Share by: