CAMPAÑA DE NADAL 2016

19.11.2016_ As datas do Nadal están cada vez máis próximas, e dende a Fundación Amigos de Galicia xa comezamos cos preparativos para unha das épocas máis sinaladas do ano. 

Como en anos anteriores, a Fundación faise cargo nestas datas da compra e entrega de xoguetes de Nadal para as fillas e fillos (de idades comprendidas entre 0 e 8 anos) dos usuarios e usuarias  que atendemos.

Dende a Fundación é moi importante que todos e todas os nenos e as nenas de Galicia teñan dereito a un agasallo nestas datas.  Por ese motivo, a Fundación faise cargo da compra destes xoguetes en colaboración con asociacións, participación cidadá e colexios;  agasallos que lles son entregados ás familias  para que poidan colocalos o 6 de xaneiro  baixo a árbore. 

 

  Este ano repartiránse un total de 2.958 xoguetes en toda Galicia para nenos de idades comprendidas entre 0 e 8, e os nosos paxes precisan da colaboración de moitos voluntarios que lles axuden a envolver todos estos agasallos.   Os interesados en axudar á Fundación poden poñerse en contacto nos teléfonos 610475763 o 610475431.

 

O lugar onde se realiza o empaquetado é en Vilagarcía, na nave situada na direción Avda. López Ballesteros, 9. Os interesados poden anotarse para colaborar nos teléfonos antes citados  ou nas instalacións de Vilagarcía. 

 

Recollida de xoguetes novos

 

A Fundación comezou tamén na Recollida de Xogeutes Novos para Nadal. Todas aquelas persoas interesadas en doar algún xoguete novo para os nenos e nenas de Galicia poden entregalos na nave de Vilagarcía (Avda. López Ballesteros, 9), en horario de 07:00 a 15:00 horas; ou nas oficiñas de Santiago de Compostela (Avda. de Lugo ,115) en horario de 08:00 a 15:00 horas. Todos estos xoguetes irán destinados a nenas e nenos de idades comprendidas entre 0 e 8 anos. 

 

Elfos y Calcetines

 

De igual maneira, 141 nenos e nadas que atende a Fundación de idades comprendidas entre 8 e 16 anos tamén recibirán agasallo neste Nadal grazas á actividade que desenvolve Elfos y Calcetines, que un ano máis colabora coa labor da entidade. 

 

O programa desenvólvese entre  fillos e fillas de idades comprendidas entre 8 e 16 anos de familias que pertencen ao Plan de Cobertura de Necesidades Básicas de Galicia e consiste en que cada ano cada un desos nenos, que este ano son 141, preparan unha carta aos Reis Magos que chega á Fundación a través dos seus pais e que dende aquí se traslada a Elfos y Calcetines.  Eles encárganse de entregarllas aos elfos (persoas anónimas dispostas a dedicar parte do seu tempo e cariño en comprar un dos agasallos soñados polas nenas e nenos).  Unha vez reunidos os agasallos nolo entregan na Fundación para que dende aquí os repartamos entre as familias. 

A nosa Mamá Noel

 

A campaña de xoguetes non sería posible sen a axuda dos voluntarios que cada ano colaboran coa entidade.  A nosa Mamá Noel, Alicia Otero Insua “Chicha”, voluntaria da Fundación qque leva moitos anos preparando os agasallos da campaña, será un ano máis a coordinadora  dos voluntarios que se encargarán de preparar os 2.958 agasallos.

 

Unha historia que tamén cabe destacar é a de Elvira, outra Mamá Noel da Fundación. É a historia dunha muller que desinteresadamente nos axuda na campaña de Nadal. Ela prepara os xoguetes dende a súa casa e os entrega á Fundación.  Na seguinte ligazón aópase unha entrevista realizada este ano na que nos conta que xa comezou a preparar os agasallos, pero como di, aínda lle queda moito traballo: 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

988 54 60 68

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: